Máis Ribeira Atlantica

Unión Europea

Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

LA13. MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

OPERACIÓN: ACTUACIÓNS DE MELLORA PARA UNHA ILUMINACIÓN EFICIENTE NO CONCELLO DE RIBEIRA


Actuación destinada a mellorar o alumamento da franxa litoral a través da instalación de preto de 500 luminarias LED entre Palmeira e Aguiño.

Esta operación enmárcase na EDUSI Máis Ribeira Atlántica 2020 (MRA2020), financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional dentro do Programa Operativo de Crecemento Sostible (POCS) 2014-2020 (actualmente integrado no Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) FEDER 2014-2020). Adscríbese aos traballos realizados dentro da operación “Actuacións de mellora para unha iluminación eficiente no concello de Ribeira”, que se adscribe á Liña de Actuación LA13 de “Mellora da Eficiencia Enerxética na Administración Pública”, dentro do Obxectivo Temático 4 de “Favorecer o paso cara a unha economía baixa en carbono”.

NECESIDADES

  • Reducir o elevado consumo enerxético das instalacións de alumamento público, derivado da utilización de luminarias que propician un alto consumo.
  • Adecuar algunha das instalacións de alumamento aos requisitos e ás esixencias técnicas establecidas nas normativas e nos regulamentos de aplicación.

OBXECTIVOS

  • Mellorar e renovar as instalacións de alumamento público exterior do concello de Ribeira, para lograr un sistema de iluminación más eficiente, que contribúa a unha Economía Baixa en Carbono (EBC).
  • Adecuar as instalacións de alumamento público aos requisitos e esixencias técnicas establecidas nas normativas e nos regulamentos de aplicación.
  • Dotar de novos puntos de iluminación eficiente naquelas localizacións do concello de Ribeira que carecen deste servizo, para ofrecer un servizo completo a todos os seus cidadáns.

ACTUACIÓNS

Instalación de 500 luminarias eficientes de baixo consumo LED no litoral ribeirense, entre Palmeira e Aguiño (Insuela, Touro-Ameixida, parque e Castro-Catía e porto de Aguiño).

  • Paseo de Coroso a Río Azor: 46 balizas y 4 focos altos do tramo comprendido entre a praia e a zona do cámping.
  • Paseo da Ameixida: 72 balizas que percorren toda a infraestrutura.
  • Parque de Punta do Castro: 2 balizas e 26 luminarias sobre columnas, así coma 2 proxectores nas pistas deportivas e 4 na zona de aparcadoiro.
  • Pasarelas das praias de Castro e da Catía e do paseo do Carreiro: 221 balizas entre todos os tramos. Ademais de alumamento para 9 focos na rúa adxacente Andrés Torres Queiruga.
  • Porto de Aguiño: substitución de 100 luminarias existentes nos viais que percorren o porto e o aparcadoiro por luces LED, ao igual que a zona residencial situada na contorna.

RESULTADOS

Con esta operación espéranse lograr os siguientes resultados:

  • Dotar ao concello de Ribeira de instalacións de alumamento público máis eficientes no consumo enerxético, que propiciará a redución das taxas da prestación do servizo a todos os seus cidadáns.
  • Dotar ao municipio dun servizo de alumamento público respetuoso co medio ambiente, co que se logrará reducir amplamente as emisións de gases de efecto invernadoiro á atmosfera, favorecendo a súa transición cara a unha economía baixa en carbono (EBC).
  • Crear contornas urbanas máis confortables e seguras que favorecerán a mellora da calidade de vida da cidadanía.

INVERSIÓN

A operación está englobada na Liña de Actuación LA 13 de “Mellora da eficiencia enerxética na Administración Pública” e que conta con:

Investimento total 100%: 500.000 €

  • FEDER 80%: 400.000 €
  • Concello de Ribeira 20%: 100.000 €