Ribeira + Intelixente articula as liñas estratéxicas que buscan configurar unha Administración Pública máis transparente e preto ao cidadán que ao mesmo tempo proporcione novos servizos aliñados cos parámetros de eficiencia e sustentabilidade que resultan indispensables tras a crise económica que nos afecta. Susténtase este vector estratéxico sobre a plataforma «smart village» iniciada dentro do proxecto Riveira Atlántica
Dentro deste vector estratéxico espérase obter os seguintes resultados:
- Trámites administrativos máis áxiles ao poder realizarse a maioría destes por Internet.
- Unha administración municipal máis próxima e transparente á cidadanía
- Servizos públicos mellorados a través da integración das novas tecnoloxías (promoción turística (Smart turismo), xestión de incidencias, xestión enerxética intelixente, optimización de rutas de recollida de residuos…)