Unión Europea

Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

Ribeira +Turística

Que é?

«Ribeira + turística» promove unha serie de actuacións coordinadas para concienciar da importancia deste recurso a toda a poboación, crear unha imaxe de marca propia, recuperar, conservar e poñer en valor turísticamente o enorme patrimonio natural e cultural.

A través das liñas de actuación que se integran neste vector estratéxico espérase obter os seguintes resultados:

  • Creación dun polo turístico a través de factores endóxenos e co compromiso dos seus cidadáns.
  • Espazos naturais recuperados para a súa posta en valor e goce sustentable.
  • Unha cidadanía máis concienciada cos valores naturais e culturais.

Actuacións

 

Noticias relacionadas

O CONCELLO DE RIBEIRA SACA A CONTRATACIÓN A CREACIÓN DUNHA SENDA PEONIL ENTRE O PASEO DE COROSO E A AVENIDA DA CORUÑA

Santa Uxía de Ribeira, 10 de xaneiro de 2023.- O Concello de Ribeira sacou a contratación unha actuación dirixida á creación dunha senda peonil en Coroso: unha intervención que se enmarca na estratexia de desenvolvemento urbano Máis Ribeira Atlántica, que está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo  Plurirregional de España (POPE) 2014-2020.