«Ribeira + Humana» pretende articular unha serie de iniciativas alienadas: a rehabilitación de edificios públicos para fins sociais; dotación de infraestruturas sociais e culturais máis próximas á poboación rural e mesmo de escala supramunicipal; un auditorio, que permitan crear redes policéntricas que desconxestionen o centro urbano, actualmente saturado de servizos e tránsito de vehículos.
A través destas liñas de actuación espérase obter os seguintes resultados:
- Servizos sociais e culturais supralocais en zonas desfavorecidas.
- Atender a colectivos en risco de exclusión.
- Novo modelo de cidade policéntrica no relativo a servizos culturais e sociais.