OE 4.5.1 MOBILIDADE URBANA SUSTENTABLE
O Plan de Mobilidade Urbana Sustentable (PMUS) realizado dentro do proxecto “Riveira Atlántica 2015” serve como marco estratéxico para articular actuacións para a mellora da mobilidade en todo o municipio dunha forma integrada e planificada. Estas actuacións contemplan actuacións para mellorar a circulación a pé a través da execución de vos tramos que restan para completar o paseo do litoral entre Couso e Palmeira, o impulso do uso da bicicleta como modalidade de transporte sustentable e sen emisións (carrís bici e rede de puntos de aluguer de bicicletas) ou a elaboración dun Plan de Accesibilidade Universal. Outra das actuacións máis significativas, en canto ao desenvolvemento do PMUS é o traslado da estación de autobuses da súa actual localización, onde provoca problemas de conxestión de tráfico, presenta unha accesibilidade deficiente e limita a interacción do mar coa propia cidade. Dentro desta liña, tamén abordaranse os problemas de mobilidade e estacionamento en praias, durante a época estival.
OE 4.5.3 MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
As Administracións Públicas xestionan infraestruturas de todo tipo que teñen asociado un consumo enerxético que se traduce nun gasto de mantemento que limita a dispoñibilidade de fondos para outros fins. No contexto o concello de Riveira acometeu actuacións para a mellora da eficiencia enerxética das luminarias, un dos elementos que máis contribúen á factura enerxética do consistorio, a través da externacionalización do servizo de iluminación a través dunha empresa de servizos enerxéticos (ESE) que se fixese cargo da renovación das luminarias e da homoxeneización estética das mesmas. Para continuar con esta liña de aforro, a presente estratexia propón dúas actuacións: mellora da eficiencia enerxética do complexo deportivo de “A Fieiteira”, complexo deportivo con altos consumos enerxéticos e dos edificios públicos en base ás auditorías enerxéticas realizadas.
OE 4.5.3 CREACIÓN CENTRO DEMOSTRADOR DE ECONOMÍA BAIXA EN CARBONO
Actualmente o concello de Riveira sofre un déficit de infraestruturas adecuadas para a celebración de eventos, excesivamente focalizada en Santa Uxía de Riveira o cal xera problemas de mobilidade e accesibilidade no centro urbano. Co obxectivo de paliar esta debilidade, exponse a rehabilitación do complexo municipal denominado “Esta Curva” para situar no mesmo diferentes servizos sociais e culturais. De forma complementaria, dado que no ámbito da eficiencia enerxética o concello xa está a desenvolver iniciativas, esta liña estratéxica expón converter este novo centro de dotacións públicas nun referente rexional en Economía Baixa en Carbono (EBC) implantando as últimas tecnoloxías en eficiencia enerxética e situando nas súas dependencias un centro demostrador desde o que se xestionen os aspectos enerxéticos das infraestruturas públicas para que sirva de referencia non só á comarca do Barbanza, onde se atopa Riveira, senón a todo o ámbito nacional, achegando un coñecemento e efecto demostrador que axude a cumprir a Directiva 2010 / 31 / UE de Eficiencia Enerxética nos Edificios. Este centro, exponse como un punto de encontro para que as empresas de Galicia poidan pilotar proxectos de I+D+i no ámbito da eficiencia enerxética.