As EDUSI coma Máis Riveira Atlántica 2020 son plans estratéxicos de desenvolvemento urbano sustentable co-financiados ao 80% con fondos FEDER. Estes plans seguen a folla de rutas dos marcos estratéxicos europeos plasmados en Europa 2020, a estratexia da Unión Europea para o crecemento e o emprego a largo prazo. Dita estratexia europea de crecemento basease en tres prioridades que se reforzan mutuamente:
- Crecemento intelixente
- Crecemento sostible
- Crecemento integrador
No contexto de Europa 2020 a Unión Europea márcase uns obxectivos ambiciosos a alcanzar no ano 2020 nos ámbitos do emprego, inversión en I+D+i, educación, enerxía e loita contra a pobreza.
Neste entorno atópanse as Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI) coma marcos estratéxicos de planificación que trasladan as prioridades de Europa 2020 a contornas urbanas concretas.
A EDUSI de Ribeira, seleccionada recentemente na primeira convocatoria nacional destinada á concesión de axudas a este tipo de estratexias, tomou coma punto de partida o proxecto Riveira Atlántica 2015, elaborándose de forma colaborativa mediante talleres abertos nos que se implicou á cidadanía. Coma resultado se definiron unha serie de vectores estratéxicos con actuacións concretas que responden aos catro obxectivos temáticos definidos a nivel europeo para as EDUSI:
- OT2: Mellorar o acceso, uso e calidade das tecnoloxías da información e a comunicación.
- OT4: Favorecer o paso a una economía de baixo nivel de emisión de carbono en todos os sectores.
- OT6: Conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia no uso de recursos.
- OT9: Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza.
Tomando coma base o traballo feito na definición da estratexia, nos próximos anos lanzaranse actuacións para a transformación social, medioambiental e económica da nosa vila. Sen embargo, Máis Riveira Atlántica 2020 precisa da implicación activa de toda a cidadanía de Riveira para acadar o seu obxectivo, facer da nosa vila un lugar mellor onde vivir, máis respectuoso co medio ambiente, cun espírito integrador e oportunidades para o desenvolvemento social e económico. Por iso, se sentes que tes algo que aportar non dubides en empregar as vías de participación que permaneceran habilitadas nesta mesma páxina:
- Concurso de ideas para o slogan (para cidadáns e organizacións, temporalmente ao inicio do proxecto)
- Embaixadores +Riveira Atlántica 2020 (para organizacións, temporalmente ao inicio do proxecto)
- Conselleiros cidadáns +Riveira Atlántica 2020 (para cidadáns e organizacións, durante toda a vida do proxecto)