Unión Europea

Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

LA12: MODERNIZACIÓN DA ADMINISTRACIÓN A TRAVÉS DAS TIC E IMPLANTACIÓN DE SOLUCIÓNS “SMART VILLAGE”

A operación propón a integración das novas tecnoloxías e o desenvolvemento de sistemas de información no día a día da gobernanza municipal para conseguir a modernización do concello de Ribeira.


Ademais, tamén se prantexa a implantación dun modelo de “Smart Village” no municipio mediante a adopción de solucións tecnolóxicas que permitan ofrecer á cidadanía de Ribeira novos servizos públicos intelixentes.


Esta operación enmárcase na EDUSI Máis Ribeira Atlántica 2020 (MRA2020), financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional dentro do Programa Operativo de Crecemento Sostible (POCS) 2014-2020 (actualmente integrado no Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) FEDER 2014-2020). A Liña de Actuación deste plan, denominado LA12 “Modernización da Administración e Smart Village Ribeira”, adscríbese dentro do Obxectivo Temático 2 de “Mellora do uso e da calidade das tecnoloxías da información e da comunicación e do seu acceso”.

NECESIDADES

     • Mellorar os servizos municipais para adaptalos ás necesidades actuais dos cidadáns, facilitando a realización telemática de diversos trámites administrativos.
     • Corrixir a ausencia de sistemas intelixentes que permitan implantar o modelo “Smart Village” no concello de Ribeira e así poder ofrecer á cidadanía novos servizos públicos con maior valor engadido.

OBXECTIVOS

• Conseguir a modernización da Administración municipal, tanto na xestión interna como de cara ao cidadán.
     • Ofrecer á cidadanía servizos públicos mellorados mediante a adopción de novas tecnoloxías e aliñados cos parámetros de eficiencia e sustentabilidade.
     • Dotar á cidadanía e aos traballadores do concello de Ribeira de procedementos administrativos máis áxiles e eficientes.
     • Ofrecer aos cidadáns novos servizos intelixentes dirixidos a mellorar a súa seguridade e benestar.

ACTUACIÓNS

Para cumprir estes obxectivos, prevese a posta en marcha das seguintes actuacións:


     • Novo portal web do concello de Ribeira: conseguir unha Administración máis próxima e transparente á cidadanía a través dun novo portal municipal dinámico e vivo.
     • Modernización da sede electrónica: mellora dos sistemas e das aplicacións informáticas empregadas polo persoal municipal para prestar os seus servizos á cidadanía.
     • Sinalización dixital: instalación de seis pantallas de gran formato para ofrecer á cidadanía información relevante sobre diferentes asuntos municipais.
     • Sistema de emisión de eventos de todo tipo: gravación e emisión de eventos, mediante un sistema de cámaras e de elementos sonoros fixos instalados no pavillón municipal da Fieiteira e no campo de fútbol anexo á Fieiteira.
     • Solucións para mellorar a seguridade viaria nos pasos de peóns en toda a zona urbana de Santa Uxía de Ribeira.
     • Renovación da infraestrutura de telecomunicacións da casa do concello: rede de cableado, instalación de cargadores para dispositivos móbiles situados nos soportais da casa do concello e adecuación do Centro de Proceso de Datos (CPD).

RESULTADOS

Con esta operación espérase acadar os seguintes resultados:


     • Reducir a fenda dixital existente entre o mundo rural e o urbano e favorecer a adaptación do concello de Ribeira á transformación dixital.
     • Mellorar a relación entre a Administración pública e a cidadanía.
     • Contribuír á dinamización social e económica do municipio a través de novos servizos intelixentes coa posta en marcha da “Smart Village”.

INVESTIMENTO

Esta operación está incluída na Liña de Actuación LA12 de “Modernización da Administración e Smart Village Ribeira” e que conta con:


Investimento total 100 %: 600.000 €


     • FEDER 80 %: 480.000 €
     • Concello de Ribeira 20%: 120.000 €