Unión Europea

Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

BOA PRÁCTICA 8. CREACIÓN DUN CARRIL BICI E AMPLIACIÓN DA ZONA DESTINADA AO PEÓN NA AVENIDA DO MALECÓN

Actuación para articular na avenida do Malecón un espazo urbano máis inclusivo e accesible para a cidadanía. Mellorar a convivencia de peóns, ciclistas e vehículos a motor.

Esta Boa Práctica enmárcase na EDUSI Máis Ribeira Atlántica 2020 (MRA2020), financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional dentro do Programa Operativo de Crecemento Sostible (POCS) 2014-2020 (actualmente integrado no Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) FEDER 2014-2020). Adscríbese aos traballos realizados dentro da operación de “Reordenación da avenida do Malecón”, que se adscribe á Liña de Actuación LA15 de “Humanización e mellora da contorna urbana e industrial”, dentro do Obxectivo Temático 6 “Conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos”.

OBXECTIVOS


     • Articular un espazo urbano máis inclusivo e accesible para a cidadanía na avenida do Malecón.
     • Rehabilitar unha superficie de 2,02 hectáreas que sufriu un gran deterioro e abandono.
     • Mellorar a convivencia de peóns, ciclistas e vehículos a motor, dando maior protagonismo aos dous primeiros.
     • Reorganizar un espazo urbano vital na fachada marítima de Ribeira que está pegada á zona portuaria, para uso predominantemente industrial e de oficinas.
     • Ademais, todos estes aspectos contribuirán firmemente á redución das emisións e da demanda enerxética no marco da mobilidade, perfectamente aliñados cos principios xerais do desenvolvemento sostible.

ACTUACIÓNS


Este proxecto inclúe, entre outras accións:
     • A ampliación do espazo de uso peonil na contorna da Oficina de Información Turística e na praza Heroínas de Sálvora.
     • A demolición da obsoleta estación de autobuses.
     • A cualificación de 1.089 metros cadrados de zonas verdes.
     • A creación dun novo miradoiro no enlace co paseo do Touro.
     • Un parque infantil desmontable.
     • Construción dun carril bici de 800 metros de lonxitude ata As Carolinas.


Na actualidade, toda a poboación do concello xa se beneficia dos novos espazos públicos que se foron xerando, xa que a operación afecta a un emblemático espazo público de referencia para todos os habitantes, como é o litoral da capital de Ribeira, Santa Uxía.

Un lugar para pasear, pedalear, respirar, xogar, sentir o océano… Para gozar da vida sen darlle as costas ao mar.

INVESTIMENTO


A actuación incluída na Liña de Actuación LA15 de “Humanización e mellora do medio urbano e industrial” conta con:


Investimento total 100 %: 800.000 €


     • FEDER 80 %: 640.000 €
     • Concello de Ribeira 20%: 160.000 €