A actuación consiste na implantación dunha senda peonil de 443 metros de lonxitude e 2,5 metros de ancho entre Punta do Laño e o Porto Fenicio, en Aguiño, que enlaza co camiño de 2.500 metros existente entre este último punto e o Couso.
Esta Boa Práctica enmárcase na EDUSI Máis Ribeira Atlántica 2020 (MRA2020), financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional dentro do Programa Operativo de Crecemento Sostible (POCS) 2014-2020 (actualmente integrado no Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) FEDER 2014-2020). Adscríbese aos traballos realizados dentro da operación de “Recuperación e de adecuación de sendas e de paseos para a posta en valor do Patrimonio Natural e Cultural de Ribeira”, que se adscribe á Liña de Actuación LA14 de “Posta en valor do patrimonio cultural, natural e turístico”, dentro do Obxectivo Temático 6 “Conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos”.
OBXECTIVOS
– Impulsar un plan que conte cunha oferta moi variada de coñecemento e de disfrute das actividades marítimas e pesqueiras e da posta en valor e conservación da riqueza patrimonial da cultura mariñeira.
– Preservar da urbanización este sector do litoral co seu aspecto natural e alto valor turístico.
– Establecer medidas de protección da paisaxe, orientadas á súa utilización como atractivo turístico.
– Recuperar a calidade do litoral garantindo o libre acceso e uso público da costa e potenciando o seu uso como espazo de lecer e de benestar da poboación.
– Gozar dos salientables elementos patrimoniais coma o singular Porto Fenicio e os restos do antigo almacén de salgadura da Covasa. Ademais de contemplar as excelentes vistas da costa atlántica, con illas como Vionta, Sagres e Sálvora.
ACTUACIÓNS
Completar o itinerario peonil entre a zona do “Transporto”, no Porto de Aguiño, e Punta Couso, a través dunha senda entre Punta do Laño e o Porto Fenicio, que enlaza coa pasarela de madeira que xa existía nesa zona.
Implantación dunha senda peonil de 443 metros de lonxitude e 2,5 metros de ancho entre Punta do Laño e o Porto Fenicio, en Aguiño, que enlaza co camiño de 2.500 metros entre este último punto e Couso.
O novo trazado adáptase ao camiño xa existente, actuando sobre el en dous tramos diferenciados:
• Primeiro tramo, de 300 metros de lonxitude, formado por 17 centímetros de saburra natural ZA-0/32 e 8 centímetros de espesor na capa de coroación, con pavimento de xabre-cemento con árido de granulometría 0-5 da zona, impermeabilizado e estabilizado. .
• Segundo tramo de 143 metros de lonxitude composto por 25 centímetros de saburra natural ZA 0/32.
O pavimento está delimitado lateralmente con beiras de madeira de 25×10 centímetros e transversalmente cada 10 metros con beiras das mesmas dimensións para conter mellor o pavimento fronte á escorreduras da choiva.
INVESTIMENTO
Esta Boa Práctica está incluída na Liña de Actuación LA14 de “Posta en valor do patrimonio cultural, natural e turístico” e conta con:
Investimento total 100 %: 800.000 €
• FEDER 80 %: 640.000 €
• Concello de Ribeira 20%: 160.000 €