Máis Ribeira Atlantica

Unión Europea

Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

BOA PRÁCTICA 2. NOVA ILUMINACIÓN CON LUCES LED PARA O PARQUE DE PUNTA DO CASTRO

Actuación destinada a mellorar o alumamento mediante a instalación de novos equipos de iluminación LED no Parque de Punta do Castro a través da instalación de 40 luminarias LED.
Esta Boa Práctica enmárcase na EDUSI Máis Ribeira Atlántica 2020 (MRA2020), financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional dentro do Programa Operativo de Crecemento Sostible (POCS) 2014-2020 (actualmente integrado no Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) FEDER 2014-2020). Adscríbese aos traballos realizados dentro da operación “Actuacións de mellora para unha iluminación eficiente no concello de Ribeira”, que se adscribe á Liña de Actuación LA13 de “Mellora da Eficiencia Enerxética na Administración Pública”, dentro do Obxectivo Temático 4 de “Favorecer o paso cara a unha economía baixa en carbono”.

OBXECTIVOS

  • Mellorar e renovar as instalacións de alumamento público exterior do concello de Ribeira, para lograr un sistema de iluminación más eficiente, que contribúa a unha Economía Baixa en Carbono (EBC).
  • Adecuar as instalacións de alumamento público aos requisitos e esixencias técnicas establecidas nas normativas e nos regulamentos de aplicación.
  • Dotar de novos puntos de iluminación eficiente naquelas localizacións do concello de Ribeira que carecen deste servizo, para ofrecer un servizo completo a todos os seus cidadáns.

ACTUACIÓNS


Instalación de 40 luminarias eficientes de baixo consumo LED no Parque de Punta do Castro.
Esta área recreativa, que no ano 2015 foi rehabilitada e recuperada para o uso cidadán, dispón de 26 luminarias sobre columna e 2 proxectores para as pistas deportivas, ademais de 12 balizas baixas que dan continuidade ás existentes nas pasarelas das praias de Castro e de Catía e no paseo do Carreiro posterior.

INVERSIÓN


A presente Boa Práctica está englobada na Liña de Actuación LA 13 de “Mellora da eficiencia enerxética na Administración Pública” e que conta con:
Investimento total 100%: 500.000 €
• FEDER 80%: 400.000 €
• Concello de Ribeira 20%: 100.000 €