Santa Uxía de Ribeira, 13 de abril de 2023.- Logo de proceder previamente á obra civil, esta mesma mañá comezaron os traballos para a instalación de semáforos no cruce entre as estradas DP-7305, DP-7306 e DP-7307, na localidade de Aguiño, que se corresponden coas rúas de Sálvora e Francisco Lorenzo Mariño (DP-7305), rúa da Cerca (DP-7306) e rúa Listres (DP-7307).
Esta intervención, destinada a mellorar a seguridade viaria, está sendo realizada pola empresa Montaxes Eléctricas Noroeste, S.L.. Supón un investimento de 45.254 euros, IVE incluído, cofinanciados con Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro da Edusi ‘Máis Ribeira Atlántica’.
Oito semáforos
A intervención abrengue o subministro e instalación de oito semáforos de columna, catro dos cales disporán de tres ópticas para vehículos e dous para peóns, mentres que os outros catros disporán de dous ópticas para peóns.
A execución deste proxecto leva aparellado o subministro e instalación tamén dun regulador electrónico, avisador acústico, pulsador táctil e interruptor diferencial, entre outros elementos.
Tamén se colocarán na beirarrúa luminarias Led a ambos extremos de cada paso de peón sobre báculos ou na propia columna.
A actuación está cofinanciada con fondos europeos FEDER