• Tamén se substituirá a caldeira existente e serán reparadas as humidades interiores
Santa Uxía de Ribeira, 20 de febreiro de 2023.- O Concello de Ribeira informa do arranque dos traballos dirixidos á renovación da envolvente térmica do Conservatorio Profesional de Música ‘Enrique Paisal’ coa fin de mellorar a eficiencia enerxética do edificio.
A actuación está enmarcada na ‘EDUSI Máis Ribeira Atlántica 2020’ cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020 e adscrita á liña de actuación ‘Mellora da eficiencia enerxética de infraestruturas públicas’.
A execución das obras (nestes momentos estase cos labores preliminares) vai ser realizada pola empresa Obras y Viales de Galicia, S.L., tras resultar adxudicataria no proceso de licitación, cunha oferta económica de 570.420,00 euros, IVE incluído.
De acordo co proxecto técnico elaborado, vanse efectuar os seguintes traballos:
• Retirada de todas as carpinterías existentes, preparación e adaptación de ocos de fachada para colocación de novas carpinterías con vidros illantes.
• Retirada dos revestimentos de mármore existentes das fachadas, demolición das pilastras entre xanelas, e substitución por un sistema de fachada ventilada con illamento e panel de cemento tipo Swisspearl.
• Limpeza e saneado de fachada e achega de illamento e SATE.
• Limpeza e saneado de forxado de cuberta, instalación de illamento e substitución da cuberta de chapa existente.
• Substitución da caldeira existente por unha nova de gas e reforma da sala de caldeiras en soto para adaptación ás novas instalacións necesarias.
• Reparación de humidades interiores.
O prazo de execución son cinco meses.
A actuación está cofinanciada con fondos FEDER