Máis Ribeira Atlantica

Unión Europea

Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

PRINCIPIAN NA PRAZA DO CENTENARIO AS OBRAS DO NOVO AUDITORIO MUNICIPAL DE RIBEIRA

  • A actuación está enmarcada na EDUSI ‘Máis Riveira Atlántica’, cofinanciada nun 80% con fondos europeos FEDER

Santa Uxía de Ribeira, 7 de xuño de 2021.- Ao mediodía de hoxe luns 7 de xuño de 2021 deron inicio as obras do novo Auditorio Municipal de Ribeira: unha esperadísima intervención que vai ser executada pola UTE formada por  Xestión Ambiental de Contratas, S.L., e Prace Servicios y Obras, S.A..

Así, os operarios están despregando agora mesmo o valado da parcela de 1.372 metros cadrados situada xunto á praza do Centenario onde se levantará esta infraestrutura, que ademais de estar chamada a ser un expoñente da nova arquitectura de Ribeira conlevará a transformación urbana do entorno.

A intervención comporta un investimento de 3.977.964,69 euros, IVE incluído, e ten un prazo de 15 meses. Enmárcase na EDUSI ‘Máis Riveira Atlántica’: un plan que está cofinanciado no 80% polo fondo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020. Adscríbese ao obxectivo temático 9 do POCS 2014-2020 “Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social” e execútase na liña de actuación 16 da EDUSI ‘Máis Riveira Atlántica’ 2020 denominada “infraestruturas públicas culturais e sociais”. Tamén está subvencionada pola Xunta de Galicia.

Baixo o título “Choiva, pedra e cristal”, o proxecto que se vai executar foi redactado polos arquitectos Antonio Pons Cañellas, Anna Gorrochategui Matas e Bernat Pons Vidal, gañadores co concurso de ideas lanzado ao efecto.

Catro ámbitos de actuación

O Auditorio ofrece 4 ámbitos de actuación escénica: a Sala Principal do Auditorio, a Sala Polivalente, a aula de Ensaios e o Vestíbulo. Está composto de dúas plantas sobre rasante, unha planta  semisoto e un soto. A composición en planta nace da condición de edificio público, xerando espazos de relación xenerosos e á vez polivalentes. O edificio preséntase como dous grandes volumes que se relacionan a través dun gran baleiro, o vestíbulo. O proxecto optimizou ao máximo a distribución para reducir no posible os espazos residuais. Os elementos de comunicación vertical sitúanse estratexicamente de maneira que o vestíbulo principal serve de distribuidor para os tres volumes: Sala Principal, Sala Polivalente e Sala de ensaios. O soportal da entrada hase  dimensionado de maneira que sirva como

prolongación do edificio ao espazo exterior:

  1. Vestíbulo: O vestíbulo concíbese como un espazo bifuncional; de transición e de repouso. A súa organización interna sinxela facilita a comprensión dos accesos á Sala Principal do Auditorio, a Sala Polivalente e a aula de Ensaio, permitindo unha circulación sinxela, tamén para as persoas con discapacidade física. A inclusión dunha gran escalinata/ gradería converte o Hall nun espazo máis de representación escenográfica, espazo plurifuncional. Ofrece a posibilidade de organizar eventos de espectáculos non convencionais. A zona de recepción ten unha gran barra de atención que foi deseñada pensando na posibilidade de incorporar o servizo de bar ou de gardarropía.
  • Sala Principal do Auditorio: O deseño desta Sala Principal é moi singular. A sala conta con accesos a dous niveis distintos, en total ten 4 portas; dous a nivel de planta semisoto e dúas en planta baixa, a pé de rúa. Todos os accesos están dotados de dobre porta para garantir a correcta insonorización da sala e son accesibles a todos os públicos. As aperturas sitúanse de tal maneira que non molestan nin distraen o público e o seurepartición facilitan o movemento dos espectadores no momento de entrada e saída da función. O anfiteatro ten unha pendente continua onde se sitúan as butacas de maneira lineal, paralelas ao escenario. Esta configuración garante a máxima visibilidade de todos os espectadores desde todos os puntos do anfiteatro. AFORO: 464 persoas.
  • Sala Polivalente: A Sala Polivalente está situada na planta primeira. É o corpo elevado por piares que xera o espazo de soportal de entrada. A súa imaxe está en consonancia cos principios de deseño da sala principal. O acceso do público realizarase desde o vestíbulo principal do edificio a través de dous núcleos de escaleiras abertas sobre a gradería. A sala ten dobre acceso lateral que responde a unha clara xerarquía, unha entrada principal e unha secundaria. As portas de acceso estarán nunha posición que non distraia ao público nin aos actores. A posición exenta desta peza polivalente garante a posibilidade de ser utilizada de maneira independente. Ademais facilita a correcta separación sonora das dúas salas de concertos. AFORO: 120 butacas
  • Aula de ensaios: A aula de ensaios ou usos múltiples atópase en planta semisoto e o seu acceso prodúcese desde o vestíbulo principal. A súa distribución e o feito de ter dous accesos permite o seu subdivisión en dúas salas de ensaio de menor cabida. As súas dimensións e proporcións espaciais permiten o ensaio de espectáculos de danza, música ou teatro. Esta sala esta conectada cunha galería de servizo por baixo da laxa inclinada do anfiteatro que permite a conexión entre as instalacións e o escenario. Esta circulación técnica comunicará os diversos espazos e evitará cruzar espazos públicos. Os músicos poderán desprazarse en todo momento desde a sala de ensaios ao escenario e camerinos de maneira fácil e rápida.