A actuación está cofinanciada con fondos europeos FEDER
Santa Uxía de Ribeira, 10 de maio de 2022.- O Concello de Ribeira vén de adxudicar a contratación do subministro, instalación e posta en marcha dun sistema de gravación e retransmisión de eventos que permita unha realización tanto manual, como automática naqueles nos que sexa posible, cun sistema de cámaras e elementos de son fixos instalados no pavillón municipal da Fieiteira e no campo de fútbol Anexo A Fieiteira.
A actuación enmárcase na estratexia de desenvolvemento urbano Máis Ribeira Atlántica, cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo Plurirregional de España ( POPE) 2014-2020. Entronca dentro da Estratexia Dixital 2021-2023, dirixida á transformación dixital do Concello de Ribeira.
A empresa adxudicataria resultou Cinfo, Contenidos Informáticos Personalizados, S.L., conforme a un importe de 17.414,39 euros.
De acordo co prego de prescricións técnicas, os servizos abranguen:
- Subministración, instalación e posta en marcha dun sistema de gravación,
- Realización e emisión de eventos baseado en hardware de vídeo e audio.
- O sistema deberá poder emitir e gravar os diferentes eventos que se celebren no recinto (principalmente deportivos).
- O sistema deberá posibilitar a realización e emisión de eventos de forma automática ou con realización manual por parte do licitador ou dun terceiro.
- Sistema de control, xestión e axendado de eventos.
- Formación asociada ao sistema.