Máis Ribeira Atlantica

Unión Europea

Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

INSTALADOS CARGADORES PARA DISPOSITIVOS MÓBILES NA COLUMNATA DA CASA CONSISTORIAL

A actuación está cofinanciada con fondos europeos FEDER

Santa Uxía de Ribeira, 17 de xaneiro de 2023.- Dende esta semana a veciñanza que o desexe pode cargar os seus dispositivos móbiles nos soportais da Casa Consistorial logo da instalación dos equipos na columnata exterior.

Trátase dunha intervención que se enmarca dentro dos traballos dirixidos á renovación e actualización das infraestruturas de telecomunicacións na Casa do Concello como resposta a un uso cada vez máis intensivo das tecnoloxías TIC polos servizos municipais e por parte da sociedade en xeral. A actuación está adscrita na Liña 12 da EDUSI “Máis Ribeira Atlántica 2020”, que está cofinanciada nun 80% polos fondos FEDER dentro do Pograma Operativo Plurirrexional de Europa (POPE) 2014-2020.

Os cargadores están situados en tres das columnas, abranguendo en cada unha delas dous de tipo usb e un de carga rápida (quick charge).

A empresa encargada de realizar a colocación é SVI 40 Contratas, Servicios e Ingeniería, S.L.U. Previamente efectuaron os seguintes traballos:

  • Adecuación do Centro de Procesamento de Datos (CPD) ou Data Center existente: situado na casa do concello onde se concentran todas as comunicacións, co obxectivo principal de mellorar a robustez, a fiabilidade e a seguridade do mesmo, para conseguir a mellora da calidade dos servizos ofrecidos, a súa xestión, operacións e evolución. 
  • Reestruturación e renovación do cableado da Casa do concello, por medio dunha solución de cableado estruturado que parte do CPD e que permite mellorar o ancho de banda e a escalabilidade da rede, así como garantir flexibilidade e facilitar a xestión e o mantemento.