Máis Ribeira Atlantica

Unión Europea

Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

FINALIZA A ACTUACIÓN PARA A HABILITACIÓN EN AGUIÑO DUNHA SENDA PEONIL DE 443 METROS ENTRE PUNTA DO LAÑO E O PEIRAO FENICIO

Veciñanza e visitantes xa están a disfrutar da infraestruutura

  • O Goberno Municipal destaca que a actuación foi posible grazas á axuda de fondos europeos FEDER para o programa ‘Máis Riveira Atlántica 2020’

Santa Uxía de Ribeira, 10 de setembro de 2020.- O Concello de Ribeira informa da finalización da intervención dirixida á implantación dunha senda peonil de 443 metros de longo e 2,5 de ancho entre Punta do Laño e o Peirao Fenicio —ambos emprazamentos situados na parroquia de Aguiño— que enlaza co camiño de 2.500 metros existente entre este último punto e Couso.


Trátase dunha iniciativa enmarcada dentro da EDUSI Máis Riveira Atlántica 2020 que está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020. Adscríbese a liña de actuación deste plan denominada Posta en Valor do Patrimonio Cultural e Natural e Turístico dentro do Obxectivo Temático 6 (Conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos).

A empresa Bcnor Gestión y Soluciones Avanzadas, S.L.. foi a entidade encargada de realizar estes traballos, que implicaron un investimento de 53.738,23 euros, IVE incluído.

Enclave privilexiado

O obxectivo da actuación residiu en protexer o borde litoral nesta franxa ao tempo que se garante o libro acceso e uso público da costa e se potencia o seu emprego como zona de esparcemento e benestar da poboación como de feito están facendo moitos veciños e visitantes que se achegan a este privilexiado enclave..

Neste senso, a senda—que arranca en Transporto, na contorna do porto de Aguiño—permite recrearse na contemplación de notables elementos patrimoniais como é caso sobranceiro do Porto Fenicio (hai estudos que defenden que se trata de restos dun porto construído polos fenicios para facer escala nas súas viaxes comerciais entre os séculos XII e VIII antes de Cristo, mentres que outras investigacións apuntan a restos dunha fábrica de salgadura construída polos cataláns a mediados do século XIX) ou tamén os vestixios do antigo almacén de salgadura de A Covasa.

Do mesmo xeito, pódense divisar excelentes vistas da costa atlántica, con illas como Vionta, Sagres e Sálvora.

O novo trazado adáptase ao camiño xa existente actuando no mesmo en dous tramos diferenciados:

  • Por unha parte, un primeiro tramo de 300 metros de longo composto de 17 centímetros de zahorra natural ZA-0/32 e 8 centímetros de espesor na capa de coroación, con pavimento de xabre-cemento con árido de granulometría 0-5 da zona, impermeabilizado e estabilizado.
  • E por outra, un segundo tramo de 143 metros de lonxitude composto por 25 centímetros de zahorra natural ZA 0/32.


O pavimento está delimitado lateralmente con bordillos de madeira de 25×10 centímetros e transversalmente cada 10 metros con bordillos das mesmas dimensións a efectos conter mellor o pavimento contra a auga de escorrentía da chuvia.

O Goberno Municipal destacou a axuda dos fondos europeos FEDER para que esta intervención fose posible, contribuíndo a aumentar nun novo tramo o disfrute do litoral do municipio por parte da cidadanía.