Unión Europea

Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

ADXUDICADOS OS TRABALLOS DE INSTALACIÓN DE SEMÁFOROS NO CRUCE DE AGUIÑO ENTRE AS ESTRADAS DP-7305, DP-7306 E DP-7307

A INTERVENCIÓN MELLORARÁ A SEGURIDADE VIARIA NA CONFLUENCIA DAS RÚAS SÁLVORA, FRANCISCO LORENZO MARIÑO, LISTRES E DA CERCA

Santa Uxía de Ribeira, 25 de novembro de 2022.- O Concello de Ribeira informa da adxudicación dos traballos dirixidos ao subministro e instalación de semáforos no cruce entre as estradas DP-7305, DP-7306 e DP-7307, na localidade de Aguiño, que se corresponden coas rúas de Sálvora e Francisco Lorenzo Mariño (DP-7305), rúa da Cerca (DP-7306) e rúa Listres (DP-7307).

Esta intervención recaeu na empresa Montaxes Eléctricas Noroeste, S.L.. Supón un investimento de 45.254 euros, IVE incluído, cofinanciados con Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro da Edusi ‘Máis Ribeira Atlántica’. O prazo de entrega, instalación e posta en funcionamento é dun mes e quince días.

Oito semáforos

Actualmente este transitado cruce non conta con sinalización semafórica, contando unicamente con sinalización vertical e horizontal de Stop con preferencia da vía DP 7305. Co fin de mellorar a seguridade viaria vaise licitar o subministro e instalación de oito semáforos de columna, catro dos cales disporán de tres ópticas para vehículas e dous para peóns, mentres que os outros catros disporán de dous ópticas para peóns. A execución deste proxecto leva aparellado o subministro e instalación tamén dun regulador electrónico, avisador acústico, pulsador táctil e interruptor diferencial, entre outros elementos.

Tamén se colocarán na beirarrúa luminarias Led a ambos extremos de cada paso de peón sobre báculos ou na propia columna.